TALLER DE INICIACIÓN Á MASAXE TRADICIONAL TAILANDESA: 21 e 22 de agosto de 2020

Ioga masaxe tradicional

A Masaxe Tradicional Tailandesa é unha técnica milenar.
Neste obradoiro aprenderemos a identificar as liñas sen (meridianos do corpo), e os efectos da masaxe sobre ditas liñas: facilitar o fluxo enerxético e eliminar bloqueos, propiciando a saúde física e mental.
Ademáis chámaselle ioga-masaxe, ou «ioga dos vagos» porque o practicante coloca ao paciente en posturas de ioga ou «asanas», o que á súa vez aporta numerosos beneficios pra saúde.
Obradoiro recomendado para: profesionais da masaxe, instructores de ioga, ou calquera que teña interese nestas disciplinas e na saúde e as terapias holísticas.

Inclúe:

-2 clases de ioga para masaxistas
-Manual de masaxe
-Infusións, aperitivos, merenda
-Estancia na Casa do Río (podes traer túa tenda de campaña)
-Diploma

Aportación: 90€ prezo reducido ata o 19 de agosto
(120€ para as persoas que se inscriban do 19 ao 21 )
Prazas limitadas.


Imparten:

Daniel Pardo
Nado na Coruña. Instructor de ioga, bailarín e masaxista. Daniel formouse na escola Sunshine School de Chiang Mai (Tailandia) e en Baan Thai (A Coruña) en Masaxe Tradicional Tailandesa. Daniel é tamén quiromasaxista e masaxista ayurvédico (Ioga Masaxe Ayurvédica).

Coda Badamo
Nado nos Estados Unidos, Coda formouse coma masaxista en Tailandia. Coda é educador en anatomía, e técnicas que comprenden masaxe tailandesa, terapia de pontos gatillo e relaxación isométrica. Busca potenciar a liberdade de movemento na vida diaria e facer que o traballo corporal sexa accesible para as comunidades desatendidas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *