OBRADOIROS

OBRADOIROS

Desde xullo de 2016, A Casa do Río ten ofrecido obradoiros, todos eles relacionados coa cultura, a saúde, o benestar animal e o coidado do medio ambiente. Entre outros, organizamos obradoiros de: esgrafiado, fiado de lán, baile, canto e músicas tradicionais, doma natural de cabalos, ioga, bosque comestible, identificación de cogumelos e esgrafiado.

Podes consultar a nosa axenda para saber cáles son os próximos obradoiros ou escribirnos para obter información ou propoñer algún taller. 

Impartido por Daniel Pardo e Davide Salvado

Unha proposta de dialogo coa que atopar as cousas que temos en común, que nos fan iguais; e entender e aceptar as nosas diferenzas.

¿A quen vai dirixido ? A rapazas e rapaces de 12 a 17 anos . 1º da ESO a 2º de Bachiller. 

¿Para qué é? Para concienciar a nenxs e xoves sobre a diversidade de xénero e o respecto á diferenza, e crear un diálogo co que conversar sobre estes temas, resolver dúbidas e compartir impresións.  Nunha actividade de aproximadamente 60 minutos por grupo, coa que se vai crear un espazo seguro no que compartir, e dividida en varias partes: 


1. IntroduciónPresentarémonos e falaremos sobre a razón pola que estamos no centro, e pola que vamos facer a actividade cxs rapazas e rapaces. Presentaremos o espazo de igualdade. 

2. Xogo; A actividade comezará en círculo sobre o chan. Ó son da música, comezarán a camiñar polo espazo. Nun principio sen ningunha orientación. Faráse un símil cunha manda de cabalos ou un banco de peixes no que os integrantes viaxan e cambian de dirección xuntos pero sen tocarse. Non hai un líder, senón que os animais toman xuntos as decisión sobre ónde han de ir e qué dirección han de tomar. O propósito desta dinámica é explorar a necesidade do grupo de permanecer unido, a idea de que todxs xs individuxs do grupo teñen igual importancia. 

3. Exercicio de interpretación teatral; Xs alumnxs van interpretar papeis que lles servirán para entender a diversidade de xénero desde a primeira persoa.

4. Coloquio e música; Animaráse xs xoves a compartir a súa vivencia. 

Falaráse de en qué consisten a diversidade de xénero, e os dereitos LGTBIQA+, na nosa experiencia co festival Agrogay e Agrocuir, un referente da visibilidade no rural, e coa Casa do Río, espazo seguro. Os facilitadores compartirán súas experiencias persoais durantea súa idade escolar e o caso particular de cada un (casos de abuso escolar ou homofobia,por exemplo), e haberá un turno para falar tamén sobre esta problemática no instituto. Pecharáse a dinámica con música. O espazo de igualdade haberá de ser o ambiente en que todxs convivamos na sociedade día a día, no que a diversidade é aquilo que enriquece a nosa cultura, e o respecto á diferenza debe ser a norma.  Se queres mais información para que levemos este obradoiro ao teu centro escolar só tes que completar o  formulario ao final desta páxina.

 

 

 

 

  • Impartido por Paula Pin 
  • O proceso de investigación que se levará a cabo tradúcese nunha experimentación consciente coa NATURA a través da escoita. Tomando isto como eixo central proponse realizar unha experimentación colectiva, un ecosistema autopoético formado por organismos humanos, vexetais e tecnolóxicos.  
  • Atopa máis info pinchando aquí
  • Se queres asistir só tes que completar o formulario o final desta páxina

 

 
  • Impartido por Paula Pin 
  •  É un espazo para o estudo da natureza que propón prácticas de bioloxía caseira para propiciar o pensamento crítico das asistentes nos campos transversais da ecoloxía feminista, o traballo con ferramentas libres e de código aberto e o acceso as ciencias abertas e experimentais fóra dos laboratorios institucionais.
  • Atopa máis info pinchando aquí 

 

Próximas datas

¿Queres asistir?

Eventos
Na Casa do Río celébranse eventos LGBTIQ+ para todos os públicos. Celebramos a Feira Cabalar de Vilar de Donas, sesións DJ, folías, foliadas e seráns.
Acampadas
ACDR disponibiliza seu espazo pra acampar. Podes traer túa tenda a cambio de colaborar coa nosa asociación, e se sodes grupo consultade a disponibilidade para celebrar vosos eventos. Encontrámonos en Vilar de Donas, un lugar de visita obrigada no Camiño de Santiago Francés, que servía de refuxio ás donas, mulleres que facían o camiño e igualmente procuraban un lugar seguro no que facer estancia na súa viaxe.