MASAXE TRADICIONAL TAILANDESA
MASAXE TRADICIONAL TAILANDESA
A masaxe tradicional tailandesa é unha técnica milenar que aportar numerosos beneficios para a saúde.
Ten elementos en común co ioga, o ayurveda e a medicina chinesa. Esta masaxe permite eliminar bloqueos enerxéticos nos meridianos do corpo (chamados tamén liñas sen en Tailandia) re-enerxizarnos, e mellorar o noso estado de ánimo, proporcionándonos unha sensación de benestar duradeiro.
Chámaselle o “ioga dos vagos” porque o practicante coloca ao paciente en posicións de ioga, cos correspondentes beneficios destas. A acupresión sobre as liñas enerxéticas ten ademáis numerosos beneficios, coma combater doeanzas dexenerativas, mellorar a mobilidade de músculos, osos, articulacións. Ten moitos beneficios comúns á acupuntura, o shiatsu. Axuda a mellorar tamén a circulación sanguínea. En definitiva é unha das masaxes máis completas que existen.
Na Casa do Río organizamos dous tipos de actividades baseadas na masaxe tradicional tailandesa:
- Obradoiros para profesionais da masaxe, instructores de ioga, ou calquera que teña interese nestas disciplinas e na saúde e as terapias holísticas.
- Sesións individuais personalizadas para todos os públicos.










Desde xullo de 2016, A Casa do Río ten ofrecido obradoiros, incluindo: esgrafiado, fiado de lán, baile, canto e músicas tradicionais, doma natural de cabalos, ioga, bosque comestible, identificación de cogumelos e bioconstrucción.
