O espazo

A Casa do Río é un área de preservación da diversidade.
A Casa do Rio é un espazo público pertencente ao Concello de Palas de Rei, Lugo. Trátase dunha área recreativa adicada á preservación do bosque ripario de galería, tamén chamado bosque de ribeira, na que existe un proxecto de bosque comestible, co que estamos, non só coidando do entorno senón tamén fomentando a vida e a diversidade. Dado que se trata dun lugar aberto ao público, o seu espírito é o de servir de modelo de boas prácticas na natureza, co proposito de que o bosque forneza de alimento e menciñas ás persoas que o frecuentan.
A Casa do Río é tamén un espazo seguro para o colectivo LGBTIQ+, no que xa teñen ficado persoas de todo o mundo e de diversas culturas, xéneros e orientacións sexuais, agradecidxs por un espazo no que poderse expresar libremente, sendo apoiadxs no que precisaban e voltando a casa en moitos casos, con moi valiosas ferramentas de autosustentabilidade para a vida no rural. Somos entidade acreditada polo Corpo de Solidariedade Europeo pra enviar xoves (de entre 18 e 30 anos) a outros países a facer os seus voluntariados, e pra acoller xoves voluntarixs de Europa e países mediterráneos.