A nosa equipe

Na Casa do Río apostamos pola vida no rural. Cremos que o estilo de vida que nos brinda o rural galego pode ser a solución ás crises que nos ameazan: alimentaria, climática, social, cultural… É o momento de honrar xs nosxs ancestrxs construindo un futuro pra todxs. 

É precisa unha volta á vida rural; esta é a forma en que todxs podemos voltar a ser autosostibles. É o momento de que exista unha transferencia interxeracional de coñecimento para que os xoves galegos conserven e continúen a sabedoría dos maiores no rural.

Daniel Pardo

 

Daniel Pardo é bailarín, investigador e activista. Fundador da asociación A Casa do Río en 2017, hoxe en día é seu presidente. Crea e colabora en proxectos musicais e artísticos, actualmente formando parte da banda de música Estantiga.

Desenvolveu durante anos iniciativas culturais e sociais con povos indíxenas coma os Yawanawá da Amazonia e os Pitjanjara e Arrernte do deserto de Australia. Hoxe seu traballo céntrase no estudo e a preservación da cultura tradicional galega e do seu medio ambiente natural, e no uso de ferramentas contemporáneas para visibilizar e conservar os saberes ancestrais. Coma bailarín desenvolve un traballo de investigación sobre o corpo-clima (body weather): a transposición das percepcións sensoriais á emocionalidade e á expresión corporal, traballo que provén do estudo da danza-teatro e das interseccións desta danza con outras disciplinas coma a danza contemporánea, e as danzas tradicionais.

@oarcodovelho

 

Paula Pin

Paula Pin ten, coma artista e investigadora,  unha ampla experiencia no campo da tecnoloxía libre e transfeminista.

Despois da xeración colectiva dos laboratorios autónomos trans-hack-feministas Pechblenda e Transnoise comeza a colaborar coa rede internacional de Bio-hacking, Hackteria.

A súa experiencia práctica en temas de biohacking (corpo/ambiente) e o seu interese pola saude saúde levana a elaborar Biotranslab, un kit de ferramentas de biohacking para a investigación ecolóxica. A súa práctica artística radica no desenvolvemento  e na transmisión de tecnoloxías abertas e libres. 

Seu traballo na Casa do Río consiste en fomentar  as prácticas colaborativas de Ciencia aberta e Transfeminista en Galiza.

Contacto

Novas